Apuntamentos sobre WordPress

9 Xuñ

Recentemente -concretamente o día oito deste mes, case non me dá tempo a enterarme, WordPress engadiu novas funcionalidades con respecto aos comentarios e que supoñen un novo paso cara a integración coas redes sociais: Facebook e Twitter. Moitas veces ocorre que cando queremos comentar algo resulta tedioso ter que encher os campos obrigatorios nos comentarios mais o certo é que son necesarios para previr o spam. Pois agora, WordPress danos unha pequena solución para satisfacer a este tipo de internautas:

Como se pode ver na imaxe que está enriba destas liñas, agora para comentar abonda con facer click no botón azul escuro de Facebook ou azul claro de Twitter para acceder con calquera desas dúas contas e estar comentando en pouco segundos. É rápido porque o nome de usuario que teñas nesa conta será o que figure no comentario. Así, xa non será preciso deixar comentarios sen nome ou anónimos que, de seguro, ficaran na caixa de spam do moderador de comentarios.

Xa podes probar.

Comenta! Por que alguén en internet está trabucado.